ALCALDÍA
A Fundación Eugenio Granell, dedica este ano ás mulleres. Así, a exposición El encanto de todas las mujeres, comisariada por Natalia Fernández, que salienta a importancia da muller na obra de Eugenio Granell, constitúe o eixe central da programación. Pero tamén hai outras mostras de mulleres artistas procedentes de Inglaterra (neste momento e ata o 26 de xuño, na sala 5 da primeira planta exponse Kathleen Fox. Desvío: Ciclistas Apéense), de Estados Unidos e de Galicia.
Na sala 4 da primeira planta, ata o 26 de xuño, a exposición (Algunhas) mulleres na Biblioteca e os arquivos de Granell mostra unha pequena selección de material resultado dunha investigación sobre as mulleres, especialmente escritoras e artistas na biblioteca e os arquivos de Granell.
O alcalde abriu o Maratón de Lectura da Fundación Granell, dedicado a Rosalía
01/06/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, abriu o xa tradicional Maratón de Lectura organizado pola Fundación Eugenio Granell e dedicado este ano a Rosalía de Castro. De 11:00 ás 14:00 e de 17:00 ás 20:00 horas, calquera que se achegue á Fundación pode escoitar ou participar lendo algún fragmento da obra da escritora.
O Maratón de Lectura está dedicado neste 2016 a Rosalía de Castro, a "feiticeira, doce Rosalía", como aparece nomeada no último verso do poema "A fala galega" dun Caderno manuscrito de 1932, con versos de Eugenio Granell e ilustracións do seu irmán Mario.A Fundación Eugenio Granell, dedica este ano ás mulleres. Así, a exposición El encanto de todas las mujeres, comisariada por Natalia Fernández, que salienta a importancia da muller na obra de Eugenio Granell, constitúe o eixe central da programación. Pero tamén hai outras mostras de mulleres artistas procedentes de Inglaterra (neste momento e ata o 26 de xuño, na sala 5 da primeira planta exponse Kathleen Fox. Desvío: Ciclistas Apéense), de Estados Unidos e de Galicia.
Na sala 4 da primeira planta, ata o 26 de xuño, a exposición (Algunhas) mulleres na Biblioteca e os arquivos de Granell mostra unha pequena selección de material resultado dunha investigación sobre as mulleres, especialmente escritoras e artistas na biblioteca e os arquivos de Granell.