CONSORCIO

Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este martes un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago

23/05/2016 A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. A entrada a estas actuacións é gratuíta ata completar aforo.

No marco deste programa, mañá martes, 24 de maio, ás 20:30 horas, os rapaces ofrecerán un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia, acompañados pola pianista Simona Velikova. En primeiro lugar actuará o violinista Jorge Galán, que interpretará o Concerto para violín nº 5 de Mozart e o Concerto para violín nº 3 de Saint-Saens.

A continuación, a violista Nehir Akansu tocará o Concerto para viola "Der Schwanendreher", de Hindemith. A cita concluirá coa intervención da oboísta Carolina Rodríguez, que achegará ao público o Concerto para óboe en Fa maior de Bach e a obra Cinq pieces pour le hautbois, de Dorati.

Compartir: