ALCALDÍA

Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia

20/05/2016 O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu no salón vermello os traballadores municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.

Martiño Noriega agradeceu aos empregados municipais o seu traballo e lembrou as dificultades que no seu labor veñen sufrindo nos últimos anos por cuestións como as limitacións na taxa de reposición ou os recortes nos seus dereitos. Neste sentido, o alcalde reiterou a vontade municipal de seguir recuperando os dereitos perdidos.

O acto foi aberto polo secretario municipal, Javier Castiñeira, en representación dos traballadores municipais, recuperando así unha tradición perdida nas últimas celebracións de Santa Rita.

Compartir: