FESTAS

Soleá Morente e WAS, protagonistas musicais da penúltima xornada das festas da Ascensión

07/05/2016 A xornada do sábado nas festas da Ascensión contou con actividades para todos os públicos. Houbo deporte, espectáculos para os máis pequenos, a tradicional Festa dos Maiores e moita música.

A programación do sábado das Festas da Ascensión arrancou ben cedo, coa Andaina dos 50 Km de Santiago e, pouco despois, co XVIII Trofeo da Ascensión de Ciclismo, coas probas escolares e cadetes. Xa pola tarde celebraríase a proba de elite/sub23.

No recinto feiral de Amio tivo lugar a tradicional e concorrida Festa dos Maiores, que cumpre 19 edicións, deixando paso a unha tarde de xogos (praza Roxa), chave (Alameda) e actuacións para os máis pequenos, neste caso coa segunda xornada da Romaría Cativa, celebrada no Teatro Principal, na que participaron Migallas e Titiriteiros de Binéfar, Isla Le Triska e Paco Nogueiras.

A praza da Quintana seguiu acollendo concertos. Esta vez foi a quenda de Soleá Morente e de We Are Standard (WAS). Mentres, na Alameda, tocaba a orquestra Santiago DC. A xornada musical pechárona Os Novos no Teatro Principal.

Compartir: