CIDADES PATRIMONIO

O cuarteto La Pampa ofrece un concerto en Santiago dentro do III Ciclo de Música de Cámara das Cidades Patrimonio

04/05/2016 O Cuarteto La Pampa ofrecerá un concerto este venres, 6 de maio, dentro do III Ciclo de Música de Cámara das Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Será ás 20:00 horas na igrexa de san Domingos de Bonaval, con entrada libre ata completar aforo. Este cuarteto está formado por Eva Rabchevska e Roxana Wisniewska, violíns; Cristina Cordero, viola; e Alejandro Viana, violonchelo.

O ciclo de concertos Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España está organizado pola Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, en colaboración coa Fundación Albéniz e a Escola Superior de Música Reina Sofía. Leva de forma gratuíta para o público unha selección da mellor música de cámara a espazos históricos, civís e relixiosos, das 15 cidades españolas distinguidas pola como Patrimonio Mundial da UNESCO, que serven de escenarios excepcionais para a celebración destes concertos de música de cámara.

Con este ciclo, que combina patrimonio histórico español e cultura musical universal, favorécese o achegamento do público a estes lugares tan especiais das Cidades Patrimonio que, con esta actividade, suman á súa potente oferta cultural un activo máis e fomentan un turismo cultural de primeira orde

Documentos relacionados



Compartir: