EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Éxito de participación nas dúas sesións de contos para bebés "Do berce á lúa"

23/04/2016 A Galería Sargadelos acolleu este sábado, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, Do berce á lúa, unha sesión de contos pensada especialmente para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias. Cubríronse todas as prazas para as dúas quendas realizadas, ata as que se achegou tamén o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

Participaron máis de cen persoas que previamente o solicitaran, xa que polas características que concorrían nesta actividade (bebés, de 0-3 anos) non se podía superar un número de asistentes por cada sesión. Esta actividade serviu tamén para conmemorar o Día do Libro.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura, que leva por título Contos para despois da chuvia, está baseado no traballo de Miguel Rico (España) que resultou gañador do IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado polo Departamento de Educación e a Editorial Kalandraka.

Esta iniciativa, que xa vai pola súa XVI Edición, desenvolverase ata o 14 de maio e comprende un conxunto de iniciativas en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e as nenas de Santiago.

Compartir: