IGUALDADE

Continúan os "Camiños da Auga" coa ruta polos lavadoiros de Santiago

22/04/2016 Este domingo, 24 de abril, terá lugar a Ruta dos Lavadoiros, dentro do programa Compostela Territorio das Mulleres. Realizarase un paseo por varios destes lavadoiros de Compostela, falando sobre os usos que lles daban as mulleres. Como no caso do paseo das fontes, que tivo lugar o pasado 13 de marzo, estará guiado pola palabra de Encarna Otero.

O punto de encontro será ás 10:00 horas no lavadoiro do Espiño (Galeras) na ponte de madeira fronte á Finca do Espiño. Dende alí irase ao lavadoiro de Santa Isabel, ao do Empedrado (que segue a ser usado polas veciñas a día de hoxe), ao de Santo Ignacio, ao da igrexa do Carme e aos de Cornes, Santas Mariñas e Picaños.

Direccións relacionadas



Compartir: