CONCENTRACIÓN

Integrantes da Corporación sumáronse á demanda dunha sanidade universal

20/04/2016 Varios concelleiros e concelleiras da Corporación, dos grupos municipais de Compostela Aberta, PSdeG-PSOE e BNG, sumáronse a concentración diante do Pazo de Raxoi convocada por Médicos do Mundo en Galicia baixo o lema "Cidades pola sanidade universal".

O obxectivo desta acción era denunciar a situación de exclusión sanitaria. Trátase dunha reivindicación coordinada con outros municipios e asembleas autonómicas de todo o Estado.

Compartir: