ALCALDÍA

O alcalde sumouse aos actos de celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

08/04/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, clausurou no Centro Sociocultural de Fontiñas os actos de celebración do Día internacional do Pobo Xitano. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participara previamente na inauguración.

A celebración incluíu a proxección do vídeo A voz dos nosos maiores e unha mesa redonda titulada Novos tempos: Mañá. Tras este relatorio e antes dunha actuación musical, o alcalde clausurou a xornada.

Compartir: