DEPORTE

O III Torneo Viravolta Santiago reunirá máis de 400 ximnastas de toda Galicia

08/04/2016 Mañá sábado, 9 de abril, o Pavillón Municipal de Santa Isabel acollerá o III Torneo Viravolta Santiago de ximnasia rítmica, no que participarán máis de 400 ximnastas de toda Galicia.

O Concello de Santiago colabora con este evento, cuxos fondos serán destinados á Fundación Andrea, de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

A competición será en xornada de mañá nos niveis escolar e promoción, de 10:00 a 14:00 horas, e en xornada de tarde nos niveis promoción e absoluto, a élite da rítmica galega, de 16:30 a 20:00 horas.

Ademais, participará como xuíza Marta Bobo, unha ex ximnasta que logrou destacados triunfos internacionais, entre eles un 9º posto nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles en 1984.

Compartir: