ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Recepción ao alumnado do Colexio Misioneras de la Providencia (Salamanca) e do IES Eduardo Pondal (Santiago)

07/04/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado polo concelleiro de Educación, Manuel Dios, e outros membros da Corporación, recibiu os alumnos e alumnas de 3º da ESO do Colexio Misioneras de la Providencia, de Salamanca e do IES Eduardo Pondal, de Santiago.

Estes dous centros escolares foron os gañadores dos seus respectivos concellos no concurso do programa Aula de Patrimonio, convocado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Deste xeito, teñen a oportunidade de participar nun intercambio.

Despois da estancia en Salamanca dos mozos e mozas do IES Eduardo Pondal entre o 15 e o 17 de marzo, é agora o alumnado do Colexio Misioneras de la Providencia o que está en Santiago de Compostela participando en diversas visitas e actividades didácticas organizadas pola Concellaría de Educación e Cidadanía.

Este xoves é a última xornada dos salmantinos en Santiago. Antes da visita ao Concello, o alumnado fixo unha viaxe no tren turístico e, logo do paso por Raxoi, o grupo estivo na Cidade da Cultura. Nos dous días previos, os mozos e mozas realizaron diversas visitas culturais e mesmo participaron nunha xincana histórica e cultural.

Compartir: