EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Presentada ao profesorado a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

05/04/2016 A Galería Sargadelos acolleu unha xuntanza de presentación da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura ao profesorado, na que participaron 172 docentes dos centros escolares. Asistiu o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura é organizada pola Concellaría de Educación e Cidadanía e Kalandraka Editora, en colaboración coa Fundación Sargadelos. Esta XVI edición desenvolverase ata o 14 de maio e comprende un conxunto de iniciativas en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e as nenas de Santiago.

Ata o momento están inscritos nas diversas actividades 52 centros escolares, dos que 38 son de Santiago e outros 14 da comarca: CEIPs de Roxos, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, López Ferreiro, Arquitecto Casas Novoa, Vite I, Mestre Rodríguez Xixirei, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas, Apóstolo Santiago, Pío XII, Lamas de Abade, Monte dos Postes, Xacinto Amigo Lera, Vedra, Oroso, Sigüeiro, Barouta e Pedrouzos; colexios San José de Cluny, Vilas Alborada, Juventud, Nosa Señora dos Remedios, A Inmaculada, San Francisco Javier, La Salle, San Pelayo-Emma, Santa Apolonia, Compañía de María, A Raiola, Manuel Peleteiro-Dolores Ramos, Divino Maestro, San Jorge e Oroso; escolas infantís Agasalle, Paparolo, San Roque, Conxo, Salgueiriños-Meixonfrío, Polígono do Tambre, Tras Parlamento, Fontiñas, Casa do Neno, Os Pequerrecho-Hospital, A Madalena, A Ulloa, Rial, A Igrexa, Os Ánxeles, Sabaxáns e A Igrexa.

Compartir: