ALCALDÍA

O alcalde reuniuse coa presidenta da Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ángeles Fernández

17/03/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa presidenta da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ángeles Fernández.

Esta Federación reúne un importante número de asociacións de amigos do Camiño repartidas por todo o Estado español. Trátase de institucións sen ánimo de lucro que traballan pola recuperación da peregrinación a Compostela e dos diferentes Camiños.

Compartir: