ALCALDÍA

Recepción aos participantes no I Congreso Internacional de Medicina e Cirurxía da USC

16/03/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os participantes no I Congreso Internacional de Medicina e Cirurxía, organizado pola asociación MEIGA (MEdicina Intercambios Galicia) na Facultade de Medicina. A deste mércores foi a última xornada do encontro, no que participaron máis de 250 congresistas.

Durante tres días, máis de medio centenar de destacados investigadores, tanto de Galicia e España como de Canadá, Suecia e Portugal achegaron aos congresistas os novos achados e técnicas no campo da medicina. Abordáronse temas como a hemodinámica, a cirurxía cardiovascular ou técnicas de imaxe, e difundíronse os últimos avances na loita contra o cancro, na medicina forense ou nas enfermidades renais raras, entre outros.

Compartir: