EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Compostela mostra o seu modelo educativo no I Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da Educación

09/03/2016 A cidade portuguesa de Vila Real acolleu este mércores o I Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da Educación, organizado polo Eixo Atlántico. No mesmo, o Concello tivo a oportunidade de explicar o seu modelo educativo transversal.

No encontro participaron representantes políticos e técnicos de cada cidade membro do Eixo Atlántico: por Galicia, A Coruña, Carballo, Ferrol, Lalín, Lugo, Monforte de Lemos, Barco e Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Riveira, Santiago de Compostela, Sarria, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Narón, A Coruña e Lugo; e por Portugal, Barcelos, Braga, Bragança, Chaves, Guimarães, Lamego, Macedo de Cavaleiros, Matosinhos, Mirandela, Penafiel, Peso da Régua, Porto, Viana do Castelo, Vila do Conde, Vila Nova de Famalicão, Vila Nova de Gaia, Vila Real, Mia e Santa María da Feira.

Na xornada tratáronse temas como a educación inclusiva, a alimentación e nutrición ou as experiencias educativas transversais. Nesta última mesa participou o xefe do Departamento de Educación do Concello de Santiago, Xosé M. Rodríguez-Abella, que explicou o traballo municipal realizado neste campo. Tamén asistiu o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

Compartir: