ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu o embaixador de El Salvador, Jorge Palencia

09/03/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o embaixador de El Salvador, Jorge Palencia Mena, quen asinou no Libro de Honra da cidade.

O diplomático salvadoreño, de visita en Galicia, está a manter diversos contactos institucionais e empresariais. Onte mesmo, participou con outros embaixadores centroamericanos nunhas xornadas sobre o acordo de Asociación Centroamérica- Unión Europea.

Compartir: