ACCIÓN CULTURAL

"Rapsodia para saxofón barítono", novo concerto dominical da Banda Municipal

04/03/2016 A Banda Municipal de Música ofrece un novo concerto este domingo. Como é habitual, a cita é ás 12:00 horas no Teatro Principal, onde a formación contará esta vez coa colaboración dun director convidado, Manuel Mondéjar, e dun saxofón solista, Jorge García.

A Banda Municipal de Santiago de Compostela na súa intención de axuntar calidade, innovación e orixinalidade presenta este vindeiro domingo un programa cheo de atractivos. Baixo a batuta do director convidado Manuel Mondéjar Criado, laureado mestre e gran coñecedor do repertorio de banda, interpretará un programa orixinal para banda con obras de Respighi, Waughan Williams ou S. Lancen.

Ademais, coa colaboración solista do saxofonista de Carballo Jorge García, estrearán en España a Rapsodia para saxofón barítono e banda do compositor americano M. Watters.

Máis información no perfil da Banda Municipal de Música en Facebook e Twitter.

Compartir: