CONVIVENCIA

Busca do tesouro da man da Policía Local polo novo Colecamiño do CEIP Raíña Fabiola

04/03/2016 A Policía Local de Santiago continúa coas súas actividades de educación viaria. Este venres, os/as escolares de 3º a 6º de Primaria do CEIP Raíña Fabiola participaron nunha busca do tesouro orientada a coñecer o novo Colecamiño que entrará en funcionamento neste centro tras a Semana Santa.

Acompañados por axentes da Policía Local e polo seu profesor de Educación Física, os/as escolares realizaron un xogo de pistas co mapa da ruta cor morada do Colecamiños, que discorre dende zona de estacionamento Santa Isabel ao colexio. Como referente para encontrar os enigmas, usaron as tendas amigas.

O obxectivo era que, seguindo o itinerario, descubriran xogando os contidos teóricos e prácticos do programa educativo, que ten como premisas favorecer a seguridade viaria e a autonomía dos pequenos e pequenas. En definitiva, tratábase de promover o uso deste camiño escolar, que se abrirá para o CEIP Raíña Fabiola tras a Semana Santa. O grupo que atopou o tesouro (libro sagrado dos sinais de tráfico) recibiu un agasallo.

O Colecamiño do CEIP Raíña Fabiola únese así ao que xa vén funcionando dende hai meses no CEIP Pío XII.

Compartir: