EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Recepción a alumnos e alumnas do instituto alemán Johann Philipp Reis Schule, en intercambio co IES Pontepedriña

23/02/2016 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibiu os alumnos e alumnas do instituto Johann Philipp Reis Schule, da cidade de Weinheim (Alemania).

Manuel Dios explicoullle a estes mozos e mozas a historia do Pazo de Raxoi e desexoulles unha feliz estancia na cidade. Este grupo de escolares alemáns participa nun intercambio con alumnos e alumnas do IES Pontepedriña. Xa son varios anos nos que estes dous institutos veñen colaborando.

Compartir: