ALCALDÍA E DEPORTE

O alcalde saudou os xogadores e técnicos do Rio Natura Monbus Obradoiro antes da súa participación na Copa do Rei de baloncesto

16/02/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, saudaron os xogadores e técnicos do Rio Natura Monbus Obradoiro antes da súa participación na Copa do Rei de baloncesto, que se celebrará na Coruña do 18 ao 21 de febreiro.

O equipo compostelán enfrontarase ao Laboral Kutxa Baskonia o vindeiro venres 19, ás 21:00 horas, no emparellamento de cuartos de final.

Compartir: