MEDIO AMBIENTE
Na Almáciga, o Concello acondicionou un total de 32 hortas, cunha superficie media de 50 metros cadrados. En Caramoniña son 21, cunha media de 45 metros cadrados, e en Brañas de Sar hai dispoñibles 54 hortas, cunha media de 55 metros cadrados. Todas elas son accesibles para persoas con diversidade funcional e contan con auga, alumeado e espazo para mobiliario.
Busca de novos espazos
As novas hortas da Almáciga, Caramoniña e Brañas de Sar sumaranse ás que xa veñen funcionando en Belvís e Fontiñas. En total, en Compostela están dispoñibles máis de 200 hortas municipais. O concelleiro de Medio Ambiente asegurou que a intención do Goberno municipal é "estender este modelo, sobre todo cara o sur da cidade". Neste sentido, Xan Duro adiantou que se están buscando fincas municipais ou terreos en desuso que os seus propietarios queiran ceder, para habilitar novas hortas no contorno de Santa Marta-Volta do Castro. O edil explicou que tamén hai peticións neste sentido da veciñanza de Hortas.
Segundo Duro, "hai moita demanda deste servizo, que permite reconectar a cidade coa súa orixe rural e que favorece que a veciñanza aprenda o valor do sector hortofrutícola". Afondando nesa liña de actuación, a Concellaría de Medio Ambiente ten previsto impartir nos próximos meses cursos de formación de agricultura ecolóxica, especialmente pensados para os usuarios das hortas municipais.
Compostela suma xa máis de 200 hortas municipais para o uso da veciñanza
04/02/2016 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou este mediodía A Almáciga, para coñecer as hortas municipais que se van poñer a disposición da veciñanza a partir do próximo mes, xunto coas da Caramoniña e das Brañas de Sar. Xan Duro mostrouse satisfeito por recuperar por fin este espazo, que está vinculado ao corredor verde entre Bonaval e A Almáciga, no marco do proxecto Urbana Santiago Norte.
O concelleiro de Medio Ambiente fixo esta visita na véspera de que abra o prazo para a solicitude de uso das hortas da Almáciga, Caramoniña e Brañas de Sar, que se prolongará ata o 5 de marzo. Xan Duro lembrou que á hora de facer as concesións, terán preferencia as persoas xubiladas que vivan na contorna das hortas, seguidas por xubilados en xeral, e veciños da zona. Segundo a ordenanza que regula o uso destes espazos, por cada unidade familiar só se fará unha concesión.Na Almáciga, o Concello acondicionou un total de 32 hortas, cunha superficie media de 50 metros cadrados. En Caramoniña son 21, cunha media de 45 metros cadrados, e en Brañas de Sar hai dispoñibles 54 hortas, cunha media de 55 metros cadrados. Todas elas son accesibles para persoas con diversidade funcional e contan con auga, alumeado e espazo para mobiliario.