POLÍTICAS SOCIAIS

Concha Fernández asiste á entrega dos diplomas das accións formativas de Cáritas

03/02/2016 A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, acudiu esta mañá á sede de Cáritas Interparroquial na rúa do Hospitaliño para entregar os diplomas dos cursos formativos que impartiu a entidade. En total foron seis accións ás que acudiron 91 persoas.

A concelleira destacou a importancia da "coordinación de todas as administracións no que se refire ás accións formativas e á adopción de compromisos con accións de inclusión social nestes tempos, como consecuencia das políticas de austeridade".

Para Concha Fernández, "a mellor forma de acceder a dereitos é pola vía da formación, coa obriga política de atender a esa chamada, coa responsabilidade das administracións en colaboración coas entidades que traballan en prol do benestar social"

Accións formativas
Dentro dos cursos realizados destacan o de camareira de andares, no que participaron 20 mulleres e houbo 8 contratacións; o de repoñedor de almacén, con 16 participantes e 7 contratacións; e o de caixeiro de supermercado, con 15 participantes e 2 contratacións.

Cómpre engadir tamén que se está a desenvolver un taller de corte e confección na parroquia de Conxo, no que participan 20 persoas, así como a posta en marcha dun itinerario específico de inserción e integración

Compartir: