ALCALDÍA

Martiño Noriega participou no acto inaugural do encontro "100 consellos para 2016"

03/02/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asistiu á inauguración de 100 consellos para 2016, II Encontro para Directivos Líderes de Galicia, celebrado durante a mañá deste mércores no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Neste evento, dez personalidades do mundo empresarial galego achegaron aos asistentes as claves do seu éxito, explicando as razóns do bo funcionamento das súas compañías. O obxectivo final do Encontro é formular unha estratexia conxunta en relación aos desafíos da empresa galega para este ano 2016.

Compartir: