BENESTAR ANIMAL

O CIAC acolle dende este venres un mercado solidario do Refuxio de Bando

17/12/2015 O Centro de Interpretación Ambiental de Belvís acolle dende este venres a sexta edición do Mercado Solidario de Nadal organizado polo Refuxio de Bando. O obxectivo é achegar información á cidadanía sobre o traballo que realiza a Fundación, e recadar fondos para as instalacións.

O mercado celebrarase mañá en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas, e o sábado e o domingo de 10:00 a 20:00 horas. Nel haberá á venda material para os animais doado e seminovo, distintos elementos de manexo de animais e de gama especializada para mascotas, manualidades, artesanía, bixutería e mesmo doces caseiros propios destas datas.

Un animal non é un xoguete
A Concellaría de Mocidade, Deporte e Benestar Animal tamén ten en marcha unha campaña de concienciación para que a cidadanía sexa responsable á hora de facer os seus agasallos de Nadal, e teña en conta que as mascotas non son xoguetes. Na iniciativa colaboran varias asociacións animalistas, como SOS Animalia, Asociación pola Protección Animal Argo, Asociación Protectora de Animais do Camiño, APACA; ADEGA, e Asociación 3.P.A.

O cartel de promoción da campaña foi elixido nun concurso do que resultou gañadora Carlota Batallán, que recibiu un premio de 500 euros.

Compartir: