ALCALDÍA

O alcalde recibe os traballadores e traballadoras xubilados e agradécelles o seu labor pola cidade de Santiago

17/12/2015 O Salón Nobre do Pazo de Raxoi foi o lugar sinalado para que o alcalde, Martiño Noriega, e varios membros, tanto do grupo de Goberno como da oposición, recibiran os 13 traballadores e traballadoras do Concello que se xubilaron neste ano.

O alcalde e os concelleiros e concelleiras fixeron entrega dunhas placas en recoñecemento do seu labor. Martiño Noriega expresoulles o seu agradecemento "por ter traballado tantos anos en beneficio dos veciños e veciñas, nalgúns casos ata 44 anos". O alcalde lembroulles "que se abre unha nova etapa para todos e todas elas, unha etapa na que poden seguir aportando moito do seu coñecemento. Xa sabedes que está será sempre a vosa casa".

Os xubilados e xubiladas deste ano son: José María Lorme Miramontes, Florencio Ramón García García, José Manuel Ferro García, María Teresa Domínguez Freire, Carlos Blanco Vilanova, Daniel Sánchez Barrán, José González Caamaño, Eduardo Quintela Puga, María Tarrío Fernández, Víctor Manuel Vázquez Budiño, José María Garabatos Couto, José Manuel Fraga Sande e Elena Velasco Vieiro.

Compartir: