IGUALDADE

Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista

17/12/2015 A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou unha vítima este mércores en Zaragoza.

O alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación, así como traballadores do Concello, sumáronse ao acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller presuntamente asasinada este mércores polo seu marido en Zaragoza.

Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro, que fixaba accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.

Compartir: