ACCIÓN CULTURAL

"Mongolia, el musical", no Teatro Principal

15/12/2015 Chega a Santiago de Compostela Mongolia, el musical, o último reto para espectadores esixentes. A cita é o venres 18 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Mongolia é un musical no que pode que non haxa cancións e con algún dos persoeiros favoritos da revista Mongolia, como Mariano, o presidente enganado; Felipe Sexto, o Rei junior; Pedro Sánchez, o guaperas da oposición; Pablo Iglesias, o líder bolivariano; e Ángela, a bruxa mala.

O musical é unha produción da Revista Mongolia. As entradas están xa á venda en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal, a un prezo de 12 euros.

Compartir: