CONVIVENCIA

A Policía Local visitou e agasallou os nenos e nenas ingresados no CHUS

15/12/2015 A Policía Local visitou esta mañá os nenos e nenas ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Foi momento para a entrega de agasallos e para unha divertida sesión de educación viaria.

Os axentes visitaron a Escola do Hospital, onde impartiron unha pequena charla sobre comportamentos viarios responsables. Os pequenos recibiron o seu carnet policial, un conto con adhesivos e un xogo de cartas de educación viaria. Os integrantes da Policía Local foron habitación por habitación, para que ninguén quedara sen os seus regalos. Os nenos tamén entregaron aos axentes unh agasallo realizado por eles.

Compartir: