DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Máis de 7.500 persoas visitaron o Belén Tradicional de San Fiz nesta fin de semana

14/12/2015 O pasado venres abría ao público a igrexa de San Fiz de Solovio, recentemente rehabilitada con fondos do Consorcio e de gran valor cultural e histórico, onde se sitúa o Belén Tradicional elaborado polo artesán compostelán Pepe Uzal.

Durante esta fin de semana foron máis de 7.500 as persoas que se achegaron a esta igrexa, situada na Praza de Abastos, para visitar este Belén, formado por máis de 200 pezas. O día de maior afluencia foi este sábado, cun total de 1.623 persoas durante a mañá e 1.850 durante a tarde, xornada na que tamén se achegou a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois.

O Belén está situado xusto ao lado da Praza de Abastos, cuxa nave 5 acolle dende o pasado venres e ata principios de xaneiro o Mercado de Nadal e algúns dos eventos relacionados coa edición de Nadal do programa Compostela Gastronómica.

Compartir: