CONVIVENCIA

A Policía Local intensifica os controis de alcohol e drogas durante esta semana

14/12/2015 Dende este luns 14 e ata o vindeiro domingo, 20 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial de control das taxas de alcohol e de drogas na condución impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Estes controis engádense aos que, de forma habitual e periódica, vén efectuando a Policía Local e supón un incremento notable das accións preventivas na materia.

Segundo datos do Observatorio Europeo para a Seguridade Viaria (ERSO), arredor do 25% de todas as mortes en estrada en Europa están relacionadas co alcohol. A medida que a concentración de alcohol no sangue aumenta no condutor, a taxa de incidencia de accidentes tamén se incrementa.

A Policía Local lembra aos cidadáns que as presas, as festas e sobre todo nos desprazamentos, a combinación do alcohol coa condución, supón un grave risco para as nosas vidas e para as dos demais.

Compartir: