ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe os alcaldes de Granollers e de Rivas Vaciamadrid, pertencentes á Rede de Alcaldes pola Paz

11/12/2015 O alcalde de Santiago mantivo unha xuntanza este mediodía cos rexedores de Granollers, Josep Mayoral, e de Rivas Vaciamadrid, Pedro del Cura. Ambos son integrantes da Rede de Alcaldes pola Paz, vicepresidente e coordinador respectivamente, e están en Santiago para participar da xornada Cultura de Paz, seguridade e desarmamento que organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz.

As xornadas, que reciben o nome de AIPAZ, enmárcanse no 30º aniversario do Seminario Galego de Educación pola Paz e serán inauguradas esta tarde no Auditorio Abanca coa conferencia de Federico Mayor Zaragoza e a presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Entre o venres e o sábado haberá catro mesas redondas: "Paz, seguridade e conflitos armados", "Paz, desenvolvemento e seguridade humana", "Desarme e desmilitarización para a paz" e "Armas, mulleres, paz e seguridade".

No encontro na Alcaldía tamén participaron o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e outros participantes nas xornadas.

Compartir: