ALCALDÍA

O Concello e a Asociación de Autónomos de Galicia retoman a súa colaboración

10/12/2015 O Concello de Santiago retomou hoxe as súas relacións coa Asociación Autónomos de Galicia (Auga), que quedaran "practicamente suprimidas durante a pasada lexislatura". Así o sinalou o voceiro do colectivo, Lisardo Domínguez, ao remate da reunión que mantivo no Pazo de Raxoi co alcalde compostelán. Martiño Noriega amosou a súa vontade de reanudar a colaboración e, nesa liña, avanzou que se manterán próximos encontros entre a Asociación e a Concellaría de Desenvolvemento Económico, que dirixe Marta Lois.

Lisardo Domínguez deulle conta ao alcalde dos proxectos que ten en marcha Auga, en especial a súa Cátedra do Traballo Autónomo, única en Galicia. Ademáis, aproveitou para explicarlle cal é a situación que atravesa este colectivo, despois dunha "crise económica que deixou no camiño a 22.000 autónomos". Compostela, segundo apuntou o voceiro de Auga, "foi unha excepción e, nos últimos catro anos, iniciaron a súa actividade máis de cen emprendedores".

Compartir: