IGUALDADE
Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro, que fixaba accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.
Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas dúas vítimas da violencia machista
10/12/2015 A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron dúas vítimas no Estado nos últimos días.
O alcalde, Martiño Noriega e outros membros da Corporación, así como traballadores do Concello e veciños, sumáronse ao acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das dúas mulleres asasinadas en Lebrija (Sevilla) e Fuerteventura.Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro, que fixaba accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.