ACCIÓN CULTURAL

O colectivo de danza Los INnato presenta "NO/NATO" na sala Agustín Magán

09/12/2015 Los INnato presentan en Compostela NO/NATO, dentro da programación de danza da Concellaría de Acción Cultural. Fano en dúas funcións, o sábado 19 e o domingo 20 de decembro, ás 20:30 horas.

O colectivo de danza Los INnato / Residentes en Costa Rica, fundado por Marko Fonseca e José Raúl Martínez no ano 2009, mantén actualmente un traballo de investigación e colaboración con diferentes artistas do medio: actores, bailaríns, fotógrafos, arquitectos, vestuaristas, modelos etc. Ofrecen obradoiros/workshops de danza para principiantes e profesionais en diferentes centros educativos tanto en Costa Rica como fóra dela. Preséntannos en Santiago NO/NATO.

O prezo das entradas é de 8 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (que abre de martes a sábado e días do evento de 18:00 a 21:00 h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou o propio día na sala Agustín Magán dende unha hora antes de que comece o espectáculo.

Direccións relacionadas



Compartir: