ALCALDÍA

O alcalde agradécelle a Helena Villar Janeiro "ter feito de Compostela unha cidade mellor"

09/12/2015 O alcalde participou este mércores no acto no que Helena Villar Janeiro foi nomeada Socia de Honra de Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. O acto desenvolveuse no IES Xelmírez I, instituto no que a escritora exerceu a docencia.

Martiño Noriega foi o encargado de pechar o acto, cunha intervención na que agradeceu a Helena Villar Janeiro "ter feito de Compostela unha mellor cidade, un labor ao que contribuíu toda a familia da escritora: o seu home Xesús Rábade, a súa filla, María do Cebreiro, e o seu fillo Abe Rábade". Grazas a eles, dixo o alcalde, "en Santiago leuse máis poesía e escoitouse mellor música".

Na entrega da distinción, participaron a escritora María Solar, encargada de facer a laudatio de Helena Villar Janeiro; o presidente de Gálix, Xosé Antón Perozo; e o director do IES Xelmírez I, Manuel Portas.

Compartir: