ALCALDÍA

Martiño Noriega amosa o seu pesar pola morte de Xosé Neira Vilas

27/11/2015 O alcalde de Santiago visitou esta tarde a capela ardente cos restos mortais de Xosé Neira Vilas, no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval. Martiño Noriega quixo expresar así os eu pesar, e o do conxunto da cidadanía de Compostela, polo falecemento do escritor.

Previamente, en rolda de prensa, o alcalde referiuse a Neira Vilas como "un referente das letras galegas, que marcou un tempo na nosa literatura e que será lembrado polas xeracións futuras". O rexedor compostelán sinalou que o de hoxe é un día triste para a cultura galega, e incidiu en que a pesar da súa avanzada idade, o escritor seguía activo e creando.

Xosé Neira Vilas morreu hoxe na súa casa de Vila de Cruces, aos 87 anos. Despois de ser velado no Panteón de Galegos Ilustres, será enterrado mañá pola tarde no seu concello natal, na parroquia de Gres.

Compartir: