EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación abrirá o 28 de novembro o prazo de inscrición e matrícula no programa de conciliación do Nadal

19/11/2015 A Concellaría de Educación e Cidadanía ten previsto realizar un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2015 (21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro 2015; e 4 e 5 de xaneiro de 2016). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver nas instalacións do CEIP As Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en Educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

Abrirase un prazo de inscrición e matrícula entre o 28 de novembro e o 10 de decembro de 2015 (ambos os dous incluídos). Os solicitantes deberán estar empadroados no concello de Santiago ou estar matriculados nun centro educativo do municipio.

A Concellaría de Educación e Cidadanía facilitará as correspondentes follas de matrícula no programa, que poderán descargarse dende esta páxina web ou recollerse nos centros educativos da cidade ou no Departamento de Educación, unha vez sexa aprobado en Xunta de Goberno Local.

Toda a información (características do programa, proceso de inscrición e matrícula, en outras cuestións) será remitida á Federación de ANPAS Compostela e a cada ANPA dos centros educativos de Infantil e Primaria de Santiago.

Compartir: