ACCIÓN CULTURAL

Cedric Burnside, considerado o mellor batería de blues do mundo, en Compostela

19/11/2015 O gañador en catro ocasións do galardón a mellor batería do mundo no Blues Music Awards, Cedric Burnside aterra por primeira vez en España presentando o seu novo disco: Descendants of Hill Country. Estará en Compostela este venres, 20 de novembro, ás 21:30 horas, na Sala Capitol, enmarcado dentro do ciclo Blues Nite.

Cedric Burnside demostra neste disco a razón pola que bandas con John Spencer Blues Explosión, Bobby Rus ou North Mississippi All Stars gravaron e xiraron con el e din que ten o verdadeiro beat de Mississippi, como o tiña o seu avó R.L. Burnside. Con 13 anos, Cedric xa xiraba sen parar co seu avó, o lendario bluesman do Missisippi RL Burnside, e dende entón non cesou no empeño de renovar a música dos seus pais: o Hill Country Blues.

Cedric naceu en Memphis, fillo de Calvin Jackson e Linda Burnside, criado en Holly Springs, Mississippi, na casa do seu avó R.L. Burnside, con toda a súa familia paterna. Á idade de 13 anos empezou a acompañar á banda do seu avó, como batería, reemprazando ao seu propio pai Calvin Jackson. Pese a súa xuventude, o currículo de Cedric é impresionante en canto a participación en gravacións e xiras con toda a escena do blues de raíz no Sur dos Estados Unidos. Aínda co seu instrumento de referencia sempre foi a batería, Cedric como bo bluesman tamén demostra coa guitarra e a voz as influencias que recolleu do seu avó e outros guitarristas e músicos de blues.

En 2002, Cedric participa no álbum debut de Richard Johnston Foot Hill Stomp e segue dous anos como batería da banda. En 2006 asociouse brevemente con Garry Burnside, gravaron xuntos Burnside Exploration e abriron os concertos da xira americana de Widespread Panic. O mesmo ano, en Clarksdale, Mississippi, Cedric únese a Lightnin "Malcolm", e ambos gravan e xiran o espectacular Juke Joint Duo.

O seu primeiro galardón do Blues Music Awards, dos que posúe cinco, chega no 2009 ao mellor álbum de debut. O dúo estivo ese ano de xira co Blues Club Big Head, unha colaboración que os levou a gravar conxuntamente o disco 100 anos de Robert Johnson en 2011, para conmemorar o centenario de nacemento de Robert Johnson. Outra colaboración importante foi a que fixo co seu irmán menor, Cody Burnside, e o seu tío, Garry Burnside. Os tres crearon The Cedric Burnside Project. Outra interesante colaboración de Cedric foi co actor Samuel L. Jackson para dar vida a unha nova versión do clásico do blues "Stack-O-Lee".

Dende o 2011, grava e xira co guitarrista e baixista Trenton Ayers. A súa carreira discográfica completase cos discos Allison Burnside Express (2014), gravado con Bernard Allison, fillo doutro mítico guitarrista e bluesamerican, Luther Allison. Estamos ante un dos novos talentos e o máis "Groove" da nova escena do blues que segue brotando no delta do Mississippi, de xeración en xeración, e que chega por primeira vez a Galicia.

Entradas
O prezo das entradas é de 12 € anticipada e 15 € o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en ticeketea.com, salacapitol.com e A Reixa Tenda. Tras el, dentro do Blues Nite, chegarán Guadalupe Plata e Hendrik Röver & Los Míticos GT´s o 27 de novembro tamén na Sala Capitol.

Compartir: