ALCALDÍA

Concentración de repulsa aos atentados de París e en solidariedade coas vítimas

16/11/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sumouse á concentración convocada pola Universidade de Santiago en repulsa aos atentados acontecidos o pasado venres en París.

Como mostra de solidariedade co pobo galo e de condena a calquera acción terrorista, nos balcóns de Raxoi segue colgada unha pancarta co lema o lema oficial da República Francesa: Liberté, Égalité, Fraternité.

Compartir: