IGUALDADE

Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas vítimas da violencia machista

16/11/2015 A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron tres vítimas no Estado nos últimos días.

O alcalde, Martiño Noriega e outros membros da Corporación, así como traballadores do Concello e veciños, sumáronse ao acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das tres mulleres asasinadas en El Vendrell (Tarragona), Marchena (Sevilla) e Madrid.

Compartir: