ALCALDÍA

O alcalde acompaña o ministro de Educación e Cultura na súa visita ao Museo das Peregrinacións e de Santiago

10/11/2015 O Museo das Peregrinacións e de Santiago recibiu esta tarde a visita do ministro de Educación e Cultura, Íñigo Méndez de Vigo. O alcalde compostelán, Martiño Noriega, acompañou o ministro no seu percorrido, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e a xerente do Consorcio Belén Hernández, entre outras autoridades.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago vén de reabrir as súas portas no edificio do antigo Banco de España da praza de Praterías, cunha exposición permanente integrada por máis de mil pezas, entre as que se atopan pinturas, esculturas, pezas de acibeche ou gravados, sempre relacionados co fenómeno das peregrinacións.

Con motivo da súa reapertura despois de incorporar os fondos do antigo Museo das Peregrinacións de San Miguel, o centro dirixido por Bieito Pérez Outeiriño permitirá o acceso de balde ata o próximo día 15.

Compartir: