IGUALDADE

Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas vítimas da violencia machista

10/11/2015 A Praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron catro vítimas no Estado nos últimos días.

O alcalde, Martiño Noriega e outros membros da Corporación, así como traballadores do Concello e veciños, sumáronse ao acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das catro mulleres asasinadas en Oviedo, Valencia e Córdoba.

Pleno
Precisamente, este luns, cumprindo co acordado polo Pleno, a sesión ordinaria de novembro comezou cun recordo ás vítimas da violencia machista. A Corporación gardou tres minutos de silencio, un por cada muller que foi asasinada no último mes a mans das súas parellas ou ex parellas.

Ademais, os balcóns do Concello seguen lucindo unha pancarta de repulsa aos crimes machistas e en apoio á marcha estatal que contra esta lacra se celebrou o pasado sábado en Madrid.

Compartir: