ACCIÓN CULTURAL

Este domingo, estrea en Cineuropa de "Slow West", ópera prima de John Maclean e Gran Premio do Xurado en Sundance

07/11/2015 Cineuropa recomenda para este domingo Slow West, un western diferente, astuto, de brillante iluminación e intelixente humor negro. Narra a historia de Jay, un mozo de 16 anos que viaxa na busca da súa namorada. De camiño atoparase con Silas, un caza recompensas interpretado por un carismático Michael Fassbender, co que compartirá destino aínda que con diferentes fins. O filme, próximo ao cine dos Coen, Tarantino ou incluso Sam Peckinpah, valeulle ao seu director e guionista, o debutante John Maclean, o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance. Podemos velo no Salón Teatro ás 22:15 h.

No Teatro Principal haberá nova oportunidade de asistir ás proxeccións de Sunset Song, de Terence Davies (ás 17:45 h); El Club, de Pablo Larraín (20:15 h), e Mountains may depart, de Jia Zhangke (ás 22:00 h). Segundos pases de interesantes propostas haberá tamén no Salón Teatro, coa reposición de An, de Naomi Kawase, e Our Little Sister, de Hirokazu Kore-Eda, ás 18:00 h e 20:00 h respectivamente.

Completarase a xornada con máis filmes proxectados nestas salas, no CGAC e na Sede Afundación, cuxa programación se centrará na figura do cineasta Elia Kazan dentro da sección Roxos e Marcianos: A Caza de Bruxas en Hollywood.

Direccións relacionadas



Compartir: