ACCIÓN CULTURAL

Rosa Díaz, Premio Nacional de Teatro para a Xuventude e a Infancia 2011, dirixe o espectáculo "Do not disturb. No molestar"

06/11/2015 A compañía andaluza Vaivén Circo chega este sábado a Compostela para presentarnos o seu espectáculo para todos os públicos Do not disturb. No molestar. Poderemos velo a partir das 18:30 horas no Auditorio de Galicia e as entradas teñen un prezo de 9 euros. Están á venta en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e no despacho de billetes do Teatro Principal, e tamén se poderán mercar dende unha hora antes de que comece o espectáculo no despacho de billetes do Auditorio de Galicia.

O espectáculo está dirixido pola granadina Rosa Díaz, Premio Nacional de Teatro para a Xuventude e a Infancia no 2010 e con el Vaivén Circo conseguiu numerosos premios: mellor espectáculo de rúa e circo e mellor escenografía para Pepe del Pino nos Premios do Teatro Andaluz, onde Rosa Díaz foi finalista a mellor dirección. E xa nos Premios A.C.A. do Circo Andaluz acadaron os de mellor espectáculo de circo en compañía; mellor dirección para Rosa Díaz; mellor composición musical para Iván Monje e foron finalistas en mellor iluminación e mellor escenografía.

Do not disturb. No molestar trasládanos a un día de traballo en calquera fábrica de principios do século XX. Catros personaxes singulares traballados para provocar sentimentos de todo tipo no público, eses sentimentos que só afloran cando nos vemos reflectidos. Personaxes, en fin, levados ao límite: ao límite de risco, de absurdeza e tamén ao límite de tenrura.

Compartir: