IGUALDADE

Os balcóns do Pazo de Raxoi vístense de violeta contra a violencia machista

06/11/2015 O Concello estará presente en Madrid este sábado 7 de novembro na Marcha Estatal contra as violencias machistas, á que acudirán a concelleira de Igualdade, Marta Lois, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

As edilas asistirán á Marcha no autobús organizado pola Plataforma Feminista Galega, que sairá da dársena de Xoán XXIII este venres ás 00:00 horas. Como apoio a esta marcha, dende hoxe loce nun dos balcóns do Pazo de Raxoi unha pancarta de repulsa aos crimes machistas nun ano no que 36 mulleres foron asasinadas no conxunto do Estado en mans dos seus maridos, 5 en Galicia.

Percorrido
A marcha sairá este sábado ás 12:00 horas da sede do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, continuará ata praza de Cibeles e finalizará na praza de España.

Compartir: