ALCALDÍA

O alcalde visitou a Casa da Troia, coincidindo coa celebración dos II Encontros Troianos

06/11/2015 O alcalde de Santiago achegouse este mediodía á Casa da Troia, onde hoxe e mañá se celebran os II Encontros Troianos en Compostela. Aproveitando a visita, Martiño Noriega puido coñecer aos integrantes da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, a entidade que xestiona o museo e que preside Benigno Amor.

O rexedor sumouse así á conmemoración do centenario da primeira edición da novela La casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín (1915). Para celebrar esta data, a Asociación de Antigos Tunos Composteláns tamén organizou o Festival do Centenario, que se celebrará o sábado, a partir das 18:30 horas, no Auditorio Abanca.

Neste evento participarán tunas veteranas, procedentes de diferentes puntos de España, Portugal, Holanda e México, e vinculadas dalgún xeito á Casa da Troia. O sábado pola mañá, estas agrupacións teñen previsto realizar pasarrúas polo casco vello e participar tamén nun acto académico no Pazo de Fonseca, que estará presidido polo reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño. Despois, realizarán unha ofrenda floral a Rosalía de Castro na Alameda.

Compartir: