ACCIÓN CULTURAL

Cancelada a función de "Te elegiría otra vez"

29/09/2015 A promotora de Te elegiría otra vez vén de informar ao Concello que se cancela a función deste domingo 4 en Compostela por cuestións técnicas da propia compañía. Esta función ía celebrarse no Auditorio Abanca dentro do ciclo Teatro 2015. Dende a Concellaría de Acción Cultural lamentamos as posibles molestias ocasionadas con esta decisión allea a nós.

Todas aquelas persoas que mercaran as súas entradas a través de Abanca (tanto na web como no teléfono) recibiron xa aviso desta cancelación na dirección de correo electrónico ou teléfono que deron ao mercar a entrada, en caso de que o fixeran. Así mesmo, tamén se procedeu xa a o reembolso da cantidade na mesma tarxeta coa que fixeron o pago; isto faise de forma automática, non precisan facer nada para reclamar esa cantidade.

As persoas que adquiriran a súa entrada no despacho de billetes do Teatro Principal teñen que achegarse á billeteira coa entrada para que se proceda ao seu reembolso. Poden facelo achegándose ao Auditorio Abanca o propio día do espectáculo á hora prevista para o mesmo; ou senón xa no despacho de billetes do Teatro Principal no seu horario habitual (de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) con prazo ata o 20 de outubro.

Compartir: