CULTURA

A Comisión de Cultura da Deputación da Coruña destina case 400.000 euros a varios proxectos relevantes para Compostela

29/09/2015 A Comisión de Cultura, Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña vén de aprobar importantes proxectos para Santiago, que agora terán que recibir luz verde definitiva do pleno do organismo provincial. A Deputación acordou destinar á capital galega varias partidas por un importe total de 396.000 euros.

Boa parte desa cifra será para os centros socioculturais de Santiago. Así, a Comisión aprobou destinar 144.000 euros ao sostemento do Centro Sociocultural do Ensache, e outros 140.000 euros ao financiamento das actividades e o mantemento dos centros socioculturais do rural compostelán.

A terceira partida, aprobada pola Comisión de Cultura, Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña, será para o festival Curtocircuíto, que será financiado na súa totalidade pola Administración provincial con 112.000 euros.

Compartir: