ESPAZOS CIDADÁNS

Jorge Duarte convocou os voceiros do PP, PSOE e BNG para unha primeira comisión informativa sobre infraestruturas

28/09/2015 O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, impulsou a primeira comisión informativa sobre infraestruturas cos voceiros do PP, Agustín Hernández; do PSdeG-PSOE, Paco Reyes e do BNG, Rubén Cela, celebrada esta mañá. A reunión durou unha hora e corenta minutos. Cada mes celebrarase unha comisión informativa sobre esta materia, sendo a de hoxe a primeira das xuntanzas.

O obxectivo destas reunións é chegar ao consenso en temas relacionados coas infraestruturas para que saian do debate ordinario. Jorge Duarte puxo en coñecemento da oposición a proposta da Universidade no que se refire ao cambio e nova ubicación da Facultade de Medicina. Tamén se falou da estación intermodal, informando aos voceiros de PP, PSOE e BNG dos avances nas reunións co Ministerio de Fomento e co fin de acordar posturas comúns nesta materia para futuras xuntanzas con Ana Pastor.

Entre outros asuntos, realizouse unha posta en común sobre temas relevantes para a cidade como a vella terminal de Lavacolla, a estación de mercadorías de A Sionlla e a ubicación da nova depuradora no Souto ou na Silvouta.

Compartir: