ALCALDÍA

O alcalde recibiu a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

28/09/2015 O alcalde recibiu hoxe á directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela nun primeiro encontro para coñecer ao colectivo e as súas actividades. O presidente da APSC, Luis Menéndez, solicitoulle a Martiño Noriega o seu respaldo para a creación de Centro de Prensa Compostela.

A asociación aspira a contar cun local que funcione como un espazo de traballo para profesionais de dentro e de fóra da capital galega, e que estea aberto a colectivos cidadáns, partidos políticos ou líderes sociais, para que poidan celebrar as súas roldas de prensa ou difundir as súas mensaxes. A APSC explicoulle ao rexedor que noutras cidades españolas e europeas contan con locais semellantes.

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela naceu en 1945, co obxectivo de defender e promover a liberdade da información e os dereitos e deberes dos profesionais do xornalismo. A APSC está integrada na Federación Galega de Asociacións de Periodistas, e tamén forma parte da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE).

Compartir: